Djely Tapa

Abril 05, 2020

nota:

No marco do Festival Harmatán o Teatro Colón presenta a cantante Djely Tapa. Descendente dunha familia de ilustres griots, a compositora e intérprete de orixe maliana Djely Tapa defende un estilo musical que oscila entre o blues, a electrónica e ritmos tradicionais do Sahel. Deuse a coñecer como cantante do grupo Afrikana Soul Sister, cuxo álbum epónimo, publicado en 2017, obtivo gran recoñecemento internacional. En xaneiro de 2019, lanzou o seu primeiro disco en solitario, Barokan, onde aborda temas como o lugar da muller na sociedade contemporánea e a africanidade. Este traballo foi realizado por Caleb Rimtobaye (AfrotroniX) e recibiu o aplauso da crítica.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Teatro Colón, A Coruña.