Display of Power (the real tribute to Pantera)

Decembro 30, 2011

No 2002 os compoñentes do grupo TEOET (Roi á guitarra e Diego ao baixo, procedentes de Meninh@s da Rua, xunto co batería David Edreira) comezan a sacar temas de Pantera como exercicio e mostra do profundo respecto á banda de Texas. Cada tema que se estudaba conducíalles xa ao seguinte, de modo que disco tras disco comezaron a ter un volume importante de repertorio que de forma natural os levou a formar este proxecto, co presentimento de que sería unha banda de tributo que marcaría a diferenza.

Tempo despois uniuse ao seu traballo Alberto Castaño da banda C’Mon Baby Destroy para facerse cargo do traballo vocal de Phil Anselmo.

Dende o comezo tomaron o seu espectáculo en directo intentando levalo ao máximo nivel tanto musical como visualmente, e xa que varios membros do grupo son técnicos de audiovisuais, quixeron contar cun equipo técnico permanente a nivel de luces e son. Levan con eles sempre a Alberto Castro (Dismal, Kannon) na parte de son e a Benjamín Trillo (Celtas Cortos, Luar na Lubre) como luminotécnico.

Despois de numerosos concertos pola xeografía galega a banda comeza a facer shows máis importantes abrindo festivais para artistas internacionais do rock como Doro Pesch, ou grupos históricos nacionais de primeiro nivel como Barón Rojo ou Habeas Corpus.

Display Of Power continúa traballando intensamente en diversos frontes, preparando os temas de Pantera de todos os discos e levando a súa forza e intensidade ao directo xa que non se pode agora gozar do mellor grupo de metal da historia. Bandas de tributo a Pantera hai varias no mundo… pero ningunha se acerca ao son, ao traballo e ao detalle como DISPLAY OF POWER.

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Sala Le Club, A Coruña.
5 €