A banda compostelá Dirty Socks presenta na Sala Capitol o seu segundo traballo, Abandoned Warehouse. Anxo Rodríguez (guitarra e voz), Denis Suárez (batería), Francisco Varela (baixo) e Alberto Barreiros (guitarra) veñen de quedar seminifalistas no Proyecto Demo que organizan o FIB e Radio 3 coa súa actualísima mestura de post punk, rock alemán dos 70, pop e psicodelia. Estarán acompañados sobre o escenario polo rockabilly de Johnny & The Ticks. A cita é ás 21h30 e a entrada custa 5 euros.