nota:
Dirt River Radio regresan a Mardi Gras da man de Teenage Head Music. Espectacular mistura de rock ao estilo do seu país, Australia, con toques de blues e a combinación de voces masculinas e femininas. O espíritu de Tom Waits está presente nas suas cancións, máis tamén o de Nick Cave.
O concerto forma parte do ciclo DOCE e iso quere dicir que os músicos coruñeses teñen desconto de 3 euros neste caso para ver o concerto por 7 euros. Non merques aquí a entrada, escribe a entradas@salamardigras.com e te contamos como lograr o desconto.
https://youtu.be/i1rUvmUQHlk