Dios Ke Te Crew presentaron “O ciclo da serpe” na Sala Capitol, 11-maio-2019

Maio 13, 2019

Había meses que anunciaran o seu regreso aos palcos e coas primeiras escoitas ao disco novo sabiamos que non ía ser un simple repaso de novas cancións e clásicos da banda. Chegou a cita e achegouse ás dúas horas incluíndo unha performance inicial, as proxeccións de AL Crego e colaboracións de Alto Asalto, El Hermano L. ou Santino á guitarra eléctrica. Tamén invitaron colectivos da terra a visualizar a súa causa, que en realidade debe ser a de todxs.

Tras a saída de García MC do proxecto, Mou, Sokram, Jamas e Murdock presentaron e suaron, con baile e algún que outro pogo, todas as novas cancións: “Silencio”, “A catapulta”, “A cachimba”, “Avances”, “Cacharela”, Plvs ultra”, “Trance”, “7 pecados”, “15680”, “Melancolía” … Como tiña que ser, recuperaron as coreadas “Berra!”, “Rebenta!”, “Dáme ighual”, “Benvido a Mordor”, “Herdeiros da ditadura”, “Dios ke te crew” … e engadiron o “Mutant Roll” do disco de Sokram.

Había unha gran entrada na sala, cun público entregado e máis variado do habitual na escea hip-hop e rap. Será que a súa proposta é quen de superar barreiras estilísticas e tribos. Estiveron á altura das ganas de velos e o espectáculo non defraudou. Agardamos podan xiralo polo país como merece.

Pepe Cunha, 13-maio-2019

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook