Dios Ke Te Crew

Abril 20, 2012

Dios ke te crew é un colectivo hip hop que nace no 2003 en Ordes (A Coruña), a raíz da unión de dous coñecidos grupos de rap en Galiza, 5 talegos e Ghamberros. Os seus comezos remóntanse ao ano 95 cando se crea 5 talegos dando numerosos concertos en festivais de todo tipo, gañando experiencia e táboas sobre o escenario co seu rap en galego por toda a xeografía galaica, así como gravando as súas primeiras maquetas. Ghamberros aparecerían no ano 2ooo, lanzando o seu primeiro ep con éxito no 2004, vendendo 1500 copias de xeito autoxestionado e sen apenas distribución. Polo colectivo pasan diferentes artistas de todas as disciplinas desta cultura, graffiteiros, breakers, dj,s, beatboxers, aportando nos seus directos a esencia do hip hop en estado puro. No 2006, despois de numerosos concertos, sae á luz o primeiro LP do grupo, Xénese, considerado un dos traballos máis influíntes do panorama musical galego e o primeiro disco de rap realizado íntegramente na súa lingua, o cal marca un antes e un despois na historia da música galega e estatal. Os seus catro mc´s Mou, García, Jamas e Sokram dan renda solta á su lírica dun xeito compacto, con letras cargadas de realidade, humor, retranca e moito sarcasmo. Poesía explícita e ritmos contundentes baixo os firmes pratos de Dj Murdock. Este traballo propulsaría á banda conseguindo unha grande acollida de público e crítica, así como un éxito en vendas. No 2009 despois de xirar sen parar co seu anterior traballo publican un “Maxi” con 2 temas e un vídeo en directo no cal podemos apreciar o seu bo facer sobre o escenario, considerado para moitos o seu punto forte. No 2011 publican o seu agardado traballo Humanose, tamén composto integramente en galego e de corte conceptual, analizando todas as interioridades do ser humano, onde a banda segue medrando en calidade, non só ao que a música e textos se refire, senón na súa preocupación por mellorar en cada publicación. Boa mostra disto é a coidada edición do digipack, onde as consagradas figuras do Street Art, Sekone e Liqen encárganse de toda a parte artística do álbum. O mastering é a cargo do mítico Tony Dawsey nos estudios Masterdisk de NY, o cal traballou con grupos como Beastie Boys, KRS One, DasFX, Nas, e un longo etcétera.

www.myspace.com/diosketecrew

Imos ter a sorte de que DKTC van ter como teloneros unha das grandes promesas do hip-hop deste pais Conversos un dúo de Rap das aforas de Pontevedra formado por dous xovens irmáns, Zow e Seth de 16 e 19 anos que están facéndose un oco na escena Hip Hop das Rías Baixas a base de concertos onde mostran a súa valía no micro e amplía variedade estilística nas bases. Unha característica os diferencia da inmensa maioría de grupos de Rap, non veñen dun ámbito urbano. Como eles mesmos din nos seus temas, veñen do bosque o cal apreciase no resultado final da súa música,sen sobredose de asfalto. Están cerca de publicar o seu primeiro traballo, en fase de masterización, chamado Propagandandose

AXENDA

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño
5€ / 2.5 € (soci@s)