Diego Amador Trío + Llibert Fortuny

Maio 22, 2014

Ciclo 1906 Jazz

Diego Amador: piano; Llibert Fortuny: saxo; Israel Varela: batería; Jesús Garrido: baixo.

Cara e cruz da linguaxe musical. Por un lado, membro dunha familia xitana moi coñecida e autodidacta (guitarra e batería de Pata Negra) e agora pianista aportando sentimento ao seu cante, polo outro, saxofonista Summa Cum Laude no Berklee College of Music… unen os seus esforzos, destrezas e talento para ofrecer un espectáculo de puro instinto musical.

23:00 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.