nota de Ábada Producións
No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006 o único disco das Nordestin@s.
Todo o público presente naquel concerto aínda lembramos hoxe ese momento cheo de calidade, elegancia e emoción intensa.
Os demais concertos foron todos momentos de luxo, intimidade, beleza e máis elegancia.
As Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial, unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume, unhas medias, uns zapatos, un arranxo especial, unha camiseta, unha adicatoria…
Todos foron únicos, impresionantes, cheos de calidade e glamour.
Gardámolos con emoción e agarimo na nosa memoria.
Agora, despois de cinco anos, Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, as tres Nordestin@s, decidiron poñerlle unha data límite a este lindo proxecto que compartiron con tanta xenerosidade.
Van seguir por camiños distintos e a despedida vai ser, como non, cun concerto no Teatro Principal de Compostela, o luns 19 de decembro.
Temos unha cita única ese día.
Xa sabemos que vai ser un concerto de luxo!
Teatro Principal
rúa Nova, 21 – Santiago de Compostela (A Coruña)
21h
Entradas: novagalicia