Desconcerto: Ultraqäns + Qando Vand + Blue Coffee

Outubro 13, 2012

Chega unha nova edición do Desconcerto!

Coma sempre apostamos pola cultura do noso país con concertos totalmente gratuítos. Convidaremos a castañas a todas e todos os que veñades a disfrutar dunha noite de música e teremos un montón de sorpresas!

Exemplos? Sortearemos os graffitis que pinten algúns dos nosos amigos mentres estan no concerto e entre as fotos que subades cos vosos teléfonos escolleremos á mellor, que tamén levará algún agasallo.

Recorda, o sábado ás 21 horas no Matadoiro da Ribeira!
DES-CON-CER-TO!

E para os que aínda non nos coñecedes, aqui deixamos algunha mostra do que foi este festival de música nos últimos anos. Somos o festival que máis tempo leva dando voz aos grupos locais que van surxindo en Betanzos e este é o resultado!

2009
http://www.youtube.com/watch?v=SlmoEwnoA38

2010

2011

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
Narci Rodríguez dA Trio- DIG IT (Official video) ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Matadoiro da Ribeira, Betanzos.
De balde.