désConcerto expansivo

Decembro 01, 2012

DésCONCERTO EXPANSIVO | A Burla

No 10º aniversario da Marea de Dignidade, a primeira gran manifestación convocada por Nunca Máis tras a catástrofe do Prestige, o colectivo A Burla convoca o DésCONCERTO EXPANSIVO, ducias de actuacións simultáneas en toda Galiza co fin de lembrar a traxedia ecolóxica e o movemento social a que deu lugar. Artistas e locais de todo o país únense o 1 de decembro para manter a conciencia viva sobre os riscos que ameazan o noso medio ambiente. Nas Crechas participarán: Liga Gaiteira Galega (folc), Xosé Constenla (cantautor), Carlos Santiago (monologuista) e Pepe Penabade (actor).

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.