Desaramar: Sés + Mercedes Peón + Luís Tosar + Carlos Blanco + Tareixa Noivo + Ugia Pedreira …

Marzo 07, 2014

DESARAMAR – Música para facer mundos, música para cortar arames

nota:
“Desaramar” é a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar. Creado por María Xosé Silvar (SES), o proxecto tenta extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel. Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade. Para isto, pormovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaboradores fará un percorrido por temas propios e alleos que, dalgún modo, nos instalan nesta idea.

Desaramar, romper os arames que nos impiden vivir en paz, é posíbel. A educación na igualdade é posíbel e hai que levala a cabo desde todas as tribunas, tamén desde os escenarios. E a unión é a chave: mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións.
Desta volta, Sés estará acompañada de Tareixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Mercedes Peón, Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona e Carlos Blanco

Podemos desaramar, e podémolo facer cantando.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Centro Ágora, A Coruña.
15 / 18 €