Derek Gripper

Outubro 15, 2016

nota.

Próxima parada Sinsal Outono 14: Derek Gripper ou como abordar o repertorio africano e a kora desde a guitarra clásica. O desafio parecia intanxible, mais o surafricano Derek Gripper conseguiu transformar para sempre a abordaxe á guitarra clásica, adaptando o vasto e rico repertorio africano, de virtuosos instrumentistas como Toumani Diabaté, Ballaké Sissoko e Ali Farka Touré e colocándoo no escenario da música occidental dos nosos días.

O seu traballo conquistou público e crítica mundiais e sobre todo aos propios músicos de Mali, cuxas composicións adaptou, iniciando 2016 cunha residencia artística e algúns concertos en Mali, convidado polo grande Toumani Diabaté.

“Cinco estrelas… El ve a Diabaté como o Segovia ou incluso John Williams, da kora, impulsándoo como un instrumento solista. E Gripper adáptaoo de maneira brillante á guitarra. Está abrindo todo un novo repertorio musical de guitarra clásica…introducindo a guitarra africana no mainstream clásico”. (Simon Broughton)

A entrada para este concerto ten un prezo de 5 euros. Podedes adquirila na billeteira do recinto o mesmo día do concerto desde media hora antes do comezo do concerto. No primeiro andar da Casa das Artes.

AXENDA