Dequenvessendo

Setembro 18, 2020

nota:

O grupo folk Dequenvessendo estrea ao vivo o seu primeiro álbum, Canto das xacias. A cita terá lugar este venres, 18 de setembro, no Teatro Rosalía Castro de A Coruña.

Músicos como Bieito Romero, Javier Cedrón e Víctor Iglesias, ademais dos bailadores Xiao Mogín e Nacho Couselo, acompañarán ao grupo na estrea ao vivo do seu álbum debut. As entradas para esta actuación pódense adquirir a partir de 7,50 euros na páxina web https://corunacultura.sacatuentrada.es/.

O disco, editado por XINGRA e producido por Mirmidón, chega após unha campaña de micromecenado e pódese escoitar desde o pasado 8 de setembro nas principais plataformas dixitais. O traballo tamén contou coa colaboración de artistas como Sés, Xosé Liz, Nani García ou Xabier Ferreiro ‘Man’.

Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.
7,5 €