Se hai algo que queda claro tras escoitar este agardado álbum é que Xoel López non se quere acomodar na fórmula que lle proporcionou tanta aceptación cos dous primeiros álbumes como Deluxe. Non só por contar xa integramente en castelán, senón tamén por encargarse el mesmo de todo: instrumentos, composición e produción. Un traballo menos accesible e con menos gancho que os seus predecesores, nos que amosaba certo mimetismo derivado das súas influéncias pop. Nun suposto proceso de crecemento coma músico, agora fíltraas máis interiormente e soa máis persoal, aínda que a súa debilidade polo pop anglosaxón segue a ser moi obvia en “Árboles de metal”. Hai temas aproveitables (“Extraña habitación”, “Cientos de mentiras”, “Tanto rollo con el infierno”) que tentan compensar tropezos como “Antihéroe” e un tono xeral algo triste.
Pepe Cunha 05-abril-05
Featured