Delafé

Xuño 02, 2017

nota:

La fuerza indescriptible, o título do primeiro traballo en solitario de Óscar D’Aniello (Delafé) é toda unha declaración de intencións, unha mestura perfecta de luz, cor e ledicia nada contida. “Nada vale más que la vida. Luchen por la felicidad, y la felicidad es darle contenido a la vida”, un alegato vital de José Mújica co que Delafé sorpréndenos en medio da canción “Tenemos un don” e que cobra todo o seu sentido escoitando en directo a un artista renovado tras máis dunha década volcado no proxecto Delafé y Las Flores Azules. Delafé en concerto o venres 2 de xuño no Riquela Club de Santiago (21h) e o sábado 3 en sesión vermú no Teatro Principal de Pontevedra (12h) dentro do ciclo “As Matinés do Principal”.

La fuerza indescriptible é un arsenal de cancións rompepistas e vitalistas que consolidan unha versatilidade moi pouco común na composición musical: pop, hip-hop, soul, funk, electro e disco. Todo, xunto ao inconfundible parafraseado de Óscar D’Aniello, a súa enerxía incombustible e a autoría de mensaxes bala.

Óscar D’Aniello pasou meses elaborando xunto ao seu aliado Dani Acedo as 11 cancións de La fuerza indescriptible, contando para a gravación do disco con colaboracións salientables como a da voz de La Bien Querida en Contigo cobra sentido respirar, Carlos Cros en Diario de batalla, Priscila en Fiera, Voxelements en Hoy prenderán las brasas e, por suposto, Las Flores Azules de Helena Miquel, quen participa en Días y días e en Essaouira, a canción que pecha o disco despois dun reflexivo Minuto de silencio que nos invita a pensar tras a intensidade e a crudeza de Fantasmas.

Sen dúbida, un dos espectáculos máis vitalistas e intensos do panorama musical español. Delafé estará o venres 2 no Riquela Club de Santiago de Compostela ás 21h. As entradas poden mercarse en ticketea e A Reixa Tenda. No caso de Pontevedra, as entradas para o concerto de Delafé o sábado 3 de xuño ás 12h no Teatro Principal están á venda en ataquilla.com. Lembra que os menores de 14 anos teñen un desconto dun 50% na entrada.

AXENDA

Facebook

16 hours ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Riquela Club, Santiago de Compostela.