nota:
Concerto presentación novo disco – única data en Galicia
CICLO SELECCIÓN NOROESTE
DEAD COMBO lanzou o seu sexto álbum de estudio en Portugal o pasado mes de abril e entrou directamente ao #1 en todas as listaxes de éxitos portuguesas. “Odeon Hotel” —gravado e producido por Alain Johannes (Queen Of Stone Age, PJ Harvey, Chris Cornell, etc.)— resume moi ben a combinación perfecta entre o son tradicional portugués e a visión universal xa existente na composición das cancións de DEAD COMBO.
O novo disco, dispoñible en CD e dobre vinilo máis CD, ten 13 incribles temas que fan que a oínte viaxe a un hotel esquecido no tempo. A historia visual foi gravada con lendas portuguesas como Alexandre Frazão á batería, Bruno Silva á viola de arco, percusións de Mick Trovoada e João Cabrita ao saxo. Alain Johannes, ademais das tarefas de produción e mestura, tamén toca no álbum. Un dos moitos momentos que ofrece este apaixonante disco é sen dúbida a presenza do cantante e compositor norteamericano Mark Lanegan, que leva a súa voz profunda e única de barítono ao tema “I Know, I Alone”, un dos poemas máis belos e aclamados escritos en inglés polo poeta portugués de renome internacional Fernando Pessoa.
“Odeon Hotel” presentouse en directo en Portugal no que foi o punto de partida dunha ampla xira que se prolongará desde 2018 ata 2019 e traerá o grupo á Coruña.