De vacas

Maio 06, 2017

nota:

De Vacas mostrará as súas versións dos grandes éxitos aclamados polo público no ciclo As Matinés do Principal

A formación galega repasará co seu toque persoal as cancións máis veneradas polas masas e maltratadas pola historia

“Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar”, a segura De Vacas, unha formación galega que ten como esencia, como leitmotiv, a reinterpretación dos grandes éxitos aclamados polas masas e maltratados pola historia. O seu orixinal punto de vista da música poderá escoitarse o próximo sábado 6 de maio sobre o escenario do teatro Principal de Pontevedra, dentro do ciclo As Matinés.

De Vacas é un cuarteto musical de guitarra e tres voces que realiza versións deses grandes “hits” que todo o mundo ten bailado ou tarareado: Spice Girls, Enrique Iglesais, Michel Teló o Gangnam Style son algúns dos grupos que se atopan no repertorio da formación galega.

Este grupo está causando sensación con “eses temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca” e que rescatan para todos os públicos cun formato fresco e divertido co que emocionarse e rirse a partes iguais.

Entradas: 12€ anticipada / 14€ billeteira

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

15 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
12:00 h.
Teatro Principal, Pontevedra.
12 / 14 €