Davide Salvado “O ladrón de amorodos”

Marzo 13, 2014

nota:

Davide Salvado, “enfant terrible” da música tradicional galega, ofrece o seu último espectáculo, “O ladrón de amorodos”, na Casa das Crechas.

Tras dous anos xirando con Árnica Pura, producido por Eliseo Parra, Davide Salvado está a presentar agora O Ladrón de Amorodos, o seu novo espectáculo a trío xunto ao acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e o percusionista e gaiteiro Cristian Silva, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo. Inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, o concepto estético cumpre un importante papel neste espectáculo, sendo ao mesmo tempo cento por cento galego.

Davide Salvado (Marín, 1981) é, sen dúbida, un dos cantores máis carismáticos do país. Voz da nosa Banda das Crechas, tamén é voz e percusión de Xosé Manuel Budiño, membro do colectivo Ecléctica Ensemble, que mestura electrónica e sons tradicionais, actor e performer.

Poden ver vídeos del aquí:

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
O SONORO MAXÍN, banda referente da Galicia tropical con mensaxe, volve cun EP titulado como a canción que o abre e desde xa un dos versos dos ano: “A primavera ten que ser nosa”. Culturactiva S. Coop. Galegaabretedeorellas.com/o-sonoro-maxin-a-primavera-ten-que-ser-nosa/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 / 6 €