nota:
o M.A.R. – Movimento Artístico em Rede é un evento que resulta da cooperación entre 7 axencias europeas, entre elas 3 galegas: Culturactiva, Luneda Producións e Mada Producións. As outras catro son de Portugal, Italia, Catalunya e as Illas Canarias.
Neste vindeiro día 8 de Decembro, oito propostas musicais provenientes de varias latitudes e con linguaxes artísticas ben distintas, daranse cita no Cine-Teatro Garret da Póvoa de Varzim, no norte de Portugal. Os concertos alternaranse entre tres espazos do teatro: o auditorio principal, o café concerto e a sala de ensaios.
AS BANDAS:
Fado Violado (Portugal): Parten da tradición para trasformar e reinventar o fado, dándolle a densidade e as cores do flamenco sen esquecer a máxica e melancólica Lisboa. Á voz de Ana Pinhal e á viola de Francisco Almeida, súmanse outros músicos para os espectáculos ao vivo.
Ida Susal (Illas Canarias): O seu estilo denominado “mestizaje de autor” baséase nun repertorio repleto de cumbia, reggae, ritmos cubanos e brasileiros e, por suposto, música popular das Canarias. Preséntanos o seu segundo álbum, un traballo composto por CD + libro +DVD + audio libro, sendo así unha obra multidisplicinar, integradora e interactiva.
Sumrrá (Galiza): Con máis de 15 anos de carreira e cinco discos editados, o trío é considerado unha das novas referencias do jazz contemporáneo. Con xiras realizadas nos catro continentes, consolídanse como unha das bandas imprescindibles no panorama jazz estatal.
Mû Mbana (Guiné-Bissau): Instrumentista, compositor e poeta. A súa música e os instrumentos que o acompañan (cordas tradicionáis africanas) son como un reflexo material da súa alma de músico e artista, en cuxa carreira se contabilizan 10 discos editados e centenas de palcos pisados en toda Europa, África e América.
Guadi Galego (Galiza): Unha das artistas mais relevantes da escena musical galega. Con tres discos en solitario, Guadi ten unha traxectoria musical moi intensa e rica, tendo sido parte de proxectos como Berrogüetto e Nordestinas.
Davide Salvado (Galiza): Un dos artistas galegos con maior proxección internacional. Leva media vida percorrendo as aldeas a procura de ritmos e coplas, e, desas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música se non todo un xeito de vida. Agora presenta”Lobos”, un agradecemento a todas esas mulleres maiores, fortes e anónimas que o ensinaron a a ser o que é.
Galandum Galundaina (Portugal): Unha das bandas máis coñecidas da música popular portuguesa. Presentan un repertorio vocal e instrumental herdado do cancioneiro tradicional das Terras de Miranda, onde as harmonías vocais e o ritmo das percusións nos transportan para un universo atemporal.
Forró Miór (Angola / Arxentina / Italia): Destacados polo xornal francés Le Monde como “unha das máis inspiradoras e frescas bandas do xénero”, partem do forró brasileiro para misturalo con outras influencias musicáis como a cumbia, a milonga, o swing, o samba e o jazz latino. Un boost contaxiante de enerxía e danza.
ENTRADAS:
– XERAL (todos os concertos): 15€
– INDIVIDUAL (1 concerto e pase ao Café Concerto): 10€
Anticipadas en www.bol.pt e na billeteira do Teatro Garrett.
LINE UP:
Sala Principal | 18h00 » 18h50 » Fado Violado
Café Concerto | 19h00 » 19h50 » Ida Susal
Sala Principal | 20H00 » 20h50 » Summrá
Sala de Ensaios | 21h00 » 21h50» Mû Mbana
Sala Principal | 22h00 » 22h50 » Guadi Galego
Café Concerto | 23h00 » 23h50 » Davide Salvado
Sala Principal | 00h00 » 00h50 » Galandum Galundaina
Café Concerto | 01h00 » 01h50 » Forró Mior
MÁIS INFO: