Davide Salvado + Caxade

Novembro 19, 2015

ciclo “Na raíz”

A voz e a interpretación deste marinés namorado do rural son tan evidentes que o xurado internacional do WOMEX, a feira de World Music máis importante do mundo, o elixiu para participar na edición de 2014. Até entón só Mercedes Peón gañara esa honra para Galiza. Tras Ecléctica Ensemble, Budiño, a Banda das Crechas, Rústica e o debut de seu “Árnica pura” (2011), producido por Eliseo Parra, chega un álbum que confirma as expectativas. “Lobos” (2015) é amor actual pola tradición, pola terra, pola lingua e polas xentes, en especial por esas mulleres fortes, pandereteiras e bailadoras, nas que Davide recoñece a súa formación e aprendizaxe. Ese enraizamento tan puro, salvaxe e fermoso na súa contorna fai que a súa arte non só nos chegue a nós, senón que sexa quen de emocionar ouvidos doutras terras, sendo agora mesmo un dos artistas galego con máis proxección internacional. No concerto estará acompañado de Santi Cribeiro (acordeón), Carliños Freire (percusións), Pablo Dalama (saxos e frauta) e Cibrán Seixo (violín).

O proxecto persoal do acordeonista Alonso Caxade supuxo unha sorpresa no panorama galego. Primeiro, coas súas cancións difundidas en videoclips pola Internet e deseguido co álbum de debut “A dança dos moscas”. Acompañado coa formación completa de bombardino (Manu Espinho), trompeta e carrillón (Manu Paino) e batería (Xosé Tunhas), esta longa xira chega por fin a Ferrol, xusto antes de entraren a rexistrar o segundo álbum. Se o coñecimos en proxectos vencellados ao tradicional dun xeito peculiar e desprexuizado coma Pel de Noz, Orquestra Os Modernos e un Cuarteto Caramuxo que abandonou para se centrar nesta proposta onde o público da escea alternativa e o da folque-tradicional teñen un lugar de encontro; un folque de melodías novas que reivindican o coñecemento da tradición e canta letras de denuncia.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
5 / 8 / 10 €