con Santi Cribeiro, Carlos Freire e Pablo Dalama.
Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.
Davide xira agora presentando LOBOS, o seu novo disco en solitario, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful) e no que se ve arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro (arranxista de moitos dos temas), Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrrá), entre outros.