Davide Salvado

Febreiro 19, 2016

nota:

VENRES 19 FEBREIRO 2016 22:30 H. 5€
Davide Salvado é unha das voces máis representativas da Galiza. Este autodidacta leva media vida percorrendo as aldeias galegas na percura de ritmos, coplas e danzas.
Davide Salvado participou en diversos proxectos como a banda de Xosé Manuel Budiño ou a Banda das Crechas e Ecléctica Ensemble, ademáis de actor e performer.
Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de World Music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados de todo o mundo e xa comezou a súa carreira internacional con datas confirmadas en festivais e concertos de diferentes países.
Presenta LOBOS (2015) composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.

AXENDA

22:30 h
Sala Super 8, Ferrol.
5 €