CONCERTO PRESENTACIÓN DO NOVO ESPECTÁCULO
SANTI CRIBEIRO (Berrogüetto, Uxía) – acordeón
KRISTIAN SILVA (Pandeiromus) – percusión
Convidados:
CANTIGAS E AGARIMOS – voces
NAJLA SHAMI – voz
MIGUEL SOTELO – baile
ADRIÁN SOLLA – piano
Davide é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura e o respeito pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.
Tras dous anos xirando có seu álbum “Árnica Pura”, producido por Eliseo Parra, Davide prepara agora “O LADRÓN DE AMORODOS”.
Colaboracións de luxo, como a de Mercedes Peón, enchen aínda máis de forza este novo disco que verá a luz o próximo outono, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo. Un traballo feito desde o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.
[entradas á venda aquí: http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/2059-davide-salvado.html ou na taquilla do propio Teatro]