Davide Salgado

Outubro 23, 2012

Davide Salvado, ‘enfant terrible’ da música tradicional galega, ofrece mañá un concerto na Casa das Crechas ás 22.30 horas no que fará un percorrido polos temas do seu último disco, ‘Árnica pura’.

Davide Salvado (Vigo, 1981) é, sen dúbida, un dos cantores máis carismáticos do país. Voz da nosa Banda das Crechas, tráenos desta volta o seu traballo persoal, con repertorio tradicional de distintos lugares da península. Preparando xa o seu próximo traballo, xira aínda con “Árnica Pura”, disco producido por Eliseo Parra.

Ademais, Salvado é voz e percusión de Xosé Manuel Budiño, membro do colectivo Ecléctica Ensemble, que mestura electrónica e sons tradicionais, actor e performer. ‘Árnica pura’ é o seu proxecto máis íntimo, no que escolma 11 das súas cancións favoritas en galego, portugués e castelán máis un poema de Lucía Aldao e gravounas con cordas, percusións e voces.
Poden ver vídeos del aquí: 

http://www.youtube.com/watch?v=vFEGg592Puk
http://vimeo.com/47957582

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
4 €