David Regueiro Trío feat. Alexandre Cavalière “Perfect Match!”

Marzo 27, 2023

O pasado agosto o reputado violinista belga Alexandre Cavalière achegouse uns días a Galiza para facer uns concertos co David Regueiro Trío. De paso gravarían un disco que aquí temos xa e cuxo título final resulta moi ben acaido, pois alude á impresión na que coincidiremos quen estivemos nalgún daqueles concertos. A gravación rememora dentro do posíbel o ‘encaixe perfecto’ deste catro instrumentistas a se fundir coa calor da inmediatez e a proximidade.

Só uns días de ensaio e actuacións chegaron para constatar a química e a compenetración destes talentos do jazz cíngaro ou manouche. Como amosaba no seu anterior “Areal” (2020), Regueiro non abandona o estilo no que gañou recoñecemento pero si que se deixa tocar por outras influencias, como na peza que xa lle coñeciamos e que benvida sexa outra vez: “Bolero desesperado”. Entre todas estas composicións propias atopamos influencias no musical dos swing, be bop, jazz, clásica … e na inspiración creativa a súa nai Elsa”, a escea de Lisboa (composta co violinista Ismael Cabaleiro) ou a Casa das Crechas, onde ten lugar unha vez ao mes unha jam session. E mesmo dedica a peza inicial “aos músicos que pasan o seu tempo a queixarse de compañeiros en troques de practicar”.

Lembras aqueles discos clásicos do século pasado que se gravaban só nuns días? Pois todo o sabor dun “ao vivo no estudio” ten este “Perfect Match!”, gravado, mesturado e masterizado un 14 de agosto. A máis clara invitación a celebrarmos o encontro, sen máis ataduras que o apuro do tempo, de dúas figuras referentes do jazz manouche. Gocemos desta proposta de equilibrio entre respectar a tradición e aplicarlle un ar anovador e fresco.

Pepe Cunha, 27-marzo-2023

escóitao no seu bandcamp

repertorio
Tone it down, turn it up!
The Seagull and the Frog
Elsa
Octopus Blues
Crechas Swing
Lisboa Rhythm
Bolero Desesperado

Alexandre Cavaliere: violín
David Regueiro: guitarra solista
Gonçalo Mendonça: guitarra rítmica
Juyma Estévez: contrabaixo

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook