David Regueiro Swingtet

Maio 09, 2015

nota:

Javier Marcos: voz; Sarunas Pupelis: clarinete; David Regueiro: guitarra solista; Iago Reigosa: guitarra rítmica; Juyma Estévez: contrabaixo.

David Regueiro, guitarrista galego especializado na música de Django Reinhardt, lidera esta banda. Un traballo francamente moi bo, obra de xente valente, que vén confirmar unha vez máis que en Galicia se está facendo un jazz alentador cando menos. Mira para o jazz manouche sen complexos cunha formación moi seria que chamou Swingtet, nome que soa tan eficazmente moderno como pracenteiro o repertorio; magnífico abano de cancións que apetece escoitar unha e outra vez.

Presentarán o segundo disco, Bird Lives!

23:59 h.
Club Clavicembalo, Lugo.