Dave Barker meets Dandy Fever + Rubén López & The Diatones

Xuño 16, 2012

Haberá unha previa con música, pintxos e boa cervexa no Bar Trece Irmandinhos a partires das 19:30h
Haberá tamén unha festa / pinchada despois do concerto na mesma sala El infierno que tentará amenizar o resto da noite cos mellores pinchas de rocksteady e reggae.

Despois de máis dun ano e medio facendo concertos en Vigo relacionados coa música xamaicana, Luva Negra Producións quere premiar a fidelidade da xente cunha festa REGGAE e ROCKSTEADY que fará as delicias de todo o mundo.

Esta xornada de REGGAE e ROCKSTEADY contará cunha festa previa antes do concerto, no Bar Trece Irmandinhos, aderezada con música, boa cervexa e pintxos e unha pinchada posterior ao concerto das mans dos mellores pinchas de música xamaicana na Sala El Infierno despois do concerto.

No concerto, desta volta estarán, RUBÉN LÓPEZ & THE DIATONES (dende Barcelona) co seu Original Reggae e Rocksteady, presentando o seu novo traballo, e o grande DAVE BARKER (dende Xamaica) acompañado polos DANDY FEVER (dende A Coruña) onde amosará o mellor do seu repertorio, os que farán de Vigo, novamente, a capital da música xamaicana.

O concerto será o 16 de xuño na Sala El Infierno ás 22:00h.

Unha das citas máis especiais e ineludibles da nosa cidade.

DAVE BARKER non precisa presentación entre os amantes do reggae clásico pero polo si ou polo non eiquí vai un breve recordatorio.

Nacido en Xamaica, sendo adolescente xa era vocalista en varias bandas incluíndo os primeiros The Two Tones.

A finais dos anos sesenta traballou xunto a Glen Brown gravando para Harry J e Coxsone e mesmo por un breve espazo de tempo foi membro de The Techniques.

En 1969 gravou con Le Perry clásicos como Prisoner of Love e Set Me Free. Un álbum de Barker producido por Perry foi editado nos setenta co nome de Prisoner of Love. Aínda que Barker tiña unha privilexiada voz soulful Perry insistiu en desenvolver o seu potencial como DJ e foi unha voz de DJ a que Winston Riley usou xunto ao veterano organista Ansel Collins. O resultado foi o gran éxito Double Barrell que acabou en 1971 no máis alto das listas británicas e no Top 20 americano.

O dúo Dave & Ansel Collins continuou con outro single de éxito, Monkey Spanner e un álbum que sempre será un clásico: Double Barrell and the Heavy Heavy Monsters Sound of Dave & Ansel Collins. O duo actua por todo UK e é entón cando Barker instálase en Londres. Desde entón continuou gravando discos en solitario e con amigos como Bruce Ruffin no grupo vocal soul The Chain Reaction ou cos mismísimos The Selecter.


INFO RUBÉN LÓPEZ & THE DIATONES

Tempo, espazo… todo florece nunha intensa esfera sónica, Rubén Lopez & the Diatones rockeando firme. Así é, sen facer prisioneros, doces melodías vogais mistúranse cunha incrible sección rítmica e unhas composicións que voarán a túa cabeza.

O tempo é agora, o espazo é este, todo combínase á perfección nesta grabación, simplemente pecha os teus ollos e así poderás ver. Os sons crean imaxes no teu cortex, imaxes de bebida, de broncas nos bares, de mulleres soltas, de botellas de cervexa baleiras, de vellas maletas nun longo viaxe esquecido a ningures. Rubén Lopez & The Diatones pilotan o avión, dende as nubes ate o chan, dende o vinilo aos teus tímpanos. Así é. A tormenta mental vai escampando, os teus ollos ábrense lentamente, a realidade bate, non foi un soño. É unha realidade en fronte de ti.

Doce Rocksteady / Reggae orixinal. 13 temas que exploran estas formas de arte. Porque o Reggae ten ialma e o xove veterán Rubén López vendeu a súa fai tempo a bandas como Malarians ou The Peeping Toms. Xunto a el nesta viaxe están os profetas do ritmo chamados The Diatones, que continúan explorando as súas habilidades en mestres da síncopa, unha superbanda formada por membros de The Kinky Coo Coo’s, The Oldians ou Flight 404.

Será mellor que vixies, porque esta maxia é poderosa.

AXENDA

Facebook

22:00 h.
El Infierno, Vigo.
15 €