Das Kapital

Setembro 04, 2015

nota

Das Kapital ofrece o seu derradeiro concerto o vindeiro venres 4 de setembro en Compostela

As entradas, á venda en Miranda Cultura para levar

A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro venres, 4 de setembro, ás dez da noite, o derradeiro concerto de Das Kapital. As entradas están á venda en Miranda. Cultura para levar (Rúa Tras Salomé, 1, Compostela), ao prezo de oito euros. O día da actuación poderán adquirirse na taquilla da sala a dez euros.

A gravación final da banda, un EP de 25 minutos, pode atoparse na Rede. Cinco cancións sen título nun disco sen título, que comeza co recitado de artigos da Constitución Francesa de 1793 e remata cun aviso de incendio –“o Antigo Réxime toma o control”-, din adeus a catro anos de traxectoria dunha banda con base de operacións en Santiago de Compostela.

O traballo –terceiro despois de Ruído negro (2011) e Grecia (20013)- está dispoñíbel no bandcamp do grupo –daskapital1.bandcamp.com. Nela, Das Kapital radicaliza a súa aposta sonora e por primeira vez emprega un complexo tecido percusivo analóxico procesado electronicamente. Cun ollo nas polirritmias ensaiadas por Einstürzende Neubauten ou Cut Hands e outro na asfixia dos tempos en curso, a banda procura alertar da posibilidade da derrota e emite un berro de auxilio.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
Todo o noso apoio ás traballadoras da Crtvg Galicia Crtvg Galicia que están hoxe venres e mañá sábado en folga.Queren traballar, sen manipulación, sen represión, con pluralidade e para todas nós.Xa abonda de que non poidan amosar a súa verdadeira valía desde os medios públicos.Sempre, #DefendeAGalega.Defende A Galega Defende A Galega Defende A Galega.2️⃣5️⃣3️⃣ Venres Negros nos medios públicos galegos: contra a manipulación e a represión🤬🤬.📣E este coincide cunha nova xornada de folga, que se repetirá mañá✊🏿✊🏿#NonMáisAbusos #TodasAUnha#DefendeAGalega#VenresNegro253CRTVG ... See MoreSee Less
Ver en Facebook