Daniel Martin Moore

Marzo 08, 2017

nota.
Dende Kentucky unha das xoias do selo Sub Pop

Apertura portas: 20:30h. Concerto: 21:00h.

Entrada adiantada: 8 euros. Entrada billeteira: 10 euros.

Ciclo “Son aloumiños”

Tras recibir a maqueta de Daniel Martin Moore por correo, o prestixioso e sempre certeiro selo Sub Pop (o mesmo que editou a Nirvana, Death Cab For Cutie ou Built to Spill) non tardou en incorporar ao seu catálogo ao talentoso cantautor e publicar “Stray Edge”, o seu marabilloso álbum de debut.

Probablemente, naquel primeiro contacto coa súa música, souberon apreciar o talento infinito que este crooner sereno ratificou máis tarde. E é que, tanto nos seus traballos en solitario publicados ata hoxe, coma nas súas sublimes colaboracións con Ben Sollee (Dear Companion) e Joan Shelley (Farthest Field), Moore móstrase como un absoluto xenio crepuscular. Un artista que desde unha profunda honestidade, canta – e á veces case murmura –mirándonos aos ollos, con esa aura de seguridade que só garante a sinceridade.

Nesta xira polo noso país, o de Kentucky estará presentando a cancións de “Turned Over to Dreams”, unha nova colección de marabillosas cancións nas que a mellor tradición folk estadounidense vén envolta na xa característica elegancia de Moore.

Entradas xa a venda na billeteira do Teatro Jofre e

AXENDA