nota:
● 23 horas… Dani Flaco
Dani: guitarra, voz; César Pop (Leiva, Quique González, Iván Ferreiro…): guitarra, acordeón, teclado.
Presentará o seu último disco Versos y madera.
Dani Flaco (L’Hospitalet, 1977) publicou en febreiro do 2014 o seu sexto álbum, Versos y Madera, do que despachou máis de mil copias na primeira semana, case ao mesmo tempo que abarrotaba tres noites o Auditori de Barcelona. Un traballo acústico e tranquilo en maior grao que os anteriores, onde encontraremos detalles antes próximos ao folk que aos rexistros rockeiros. A presentación do disco fíxose en case tódalas capitais españolas; superáronse os 50 concertos tanto con banda como con “recitais a dúas guitarras”.