Damien Jurado e William Tyler

Setembro 04, 2013

nota: Ciclo Baixo a Vide
Falar de Damien Jurado é facelo dunha das figuras máis relevantes do folk-rock americano no que levamos de século. Con tótems coma Neil Young ou Nick Drake como referentes, foi gañando seguidores no noso país disco tras disco para descolgarse da etiqueta de artista de culto, gozando hoxe en día dunha reputación e dun interese por parte de crítica e público que non deixa de aumentar.
Nos últimos anos iniciou unha relación profesional co produtor Richard Swift, rexistrando xunto a él os seus mellares traballos ata a data, “Saint Bartlett”, no 2010 e “Maraqopa”, no 2012, no que robustece a emplía o seu espectro sonoro. Son estes os seus traballos máis ricos en matices, con cancións máis atmosféricas, e desarrollos cercanos á psicodelia que se intercalan con composicións máis pausadas onde se basta da calidez de súa voz e unha guitarra para emocionarnos.
Como preludio á súa actuación no Teatro Principal contaremos coa presenza do talentoso guitarrista William Tyler, que estará a presentando as cancións que componen o seu segundo disco en solitario, “Impossible truth”. Este músico de Nashville también é conocido por ser membro de lexendarias bandas coma Lambchop ou Silver Jews, ou mesmo acompañando a figuras do alt-country coma Bonnie Prince Billy

O Ciclo Baixo a Vide
O concerto de Damien Jurado atópase encadrado dentro do ciclo Baixo a vide. Concertos con Denominación de Orixe unha proposta que une a música máis actual e a cultura vinícola galega. Deste xeito, varias adegas das diferentes denominacións de orixe de Galicia acollen uns concertos moi especiais, no que participarán artistas destacados tanto a nivel nacional como internacional, como Señor Chinarro, Xoel López, Robyn Hitchcock, ou Damien Jurado, entre outros.
Nesta ocasión, o ciclo contará coa presenza e colaboración da adega Joaquín Rebolledo, un dos mellores expoñentes da D.O. Valdeorras, da que teremos ocasión de desfrutar dunha degustación das súas referencias.

Íntimo & Acústico. Damien Jurado e William Tyler
Ciclo Baixo a Vide
Damien Jurado (USA, folk-rock)
William Tyler (USA, alternative country)

Facebook

2 days ago

Ábrete de orellas
Hoxe é o Día Internacional das persoas con discapacidade e por iso recuperamos esta canción, na que Seso Durán adaptou un conto sobre o seu fillo Manuel escrito por María José Ferrada. "O traballo pon o acento na diversidade funcional, en que sempre hai máis do que se ve a simple vista e un pequeno misterio en cada cousa."Inquedanzas Sonoras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Teatro Principal, Santiago de Compostela.
12 / 15 €