Damien Jurado + Courtney Marie Andrews

Marzo 07, 2014

nota:
O artista presenta o seu último disco “Brothers and Sisters of The Eternal Sun”. Damien Jurado escolle Galicia como parada dentro da xira de presentación do seu novo disco. O concerto será o venres 7 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo (Praza do Rei, s/n), a partir das 21:00 horas. As entradas saen á venda coincidindo coa publicación este 21 de xaneiro do seu último traballo “Brothers and Sisters of The Eternal Sun”.

Os billetes pódense adquirir por un prezo anticipado de 12 euros, a través de servinova.com. O mesmo día do directo, terán un prezo de 15 euros no despacho do Auditorio.

“Brothers and Sisters of The Eternal Sun” convírtese no undécimo disco de estudio de Damien Jurado desde que debutara en 1997 con “Water Ave S.”. O álbum inclúe dez novos temas que se poden interpretar como a continuación do fantástico son do seu anterior traballo “Maraqopa” (2012), polo que acadou grandes recoñecementos da crítica. A referencia a esas composicións abertas e con toques de psicoldelia é pano de fondo durante a súa escoita e ademais faina directa no título da súa terceira canción “Return To Maraqopa”.

Con esta nova aposta, pódese afirmar que o artista de Seattle abriu definitivamente as portas do seu repertorio e asumiu riscos dun xeito máis que existoso, cunha música que axita e sorprende. Un xiro retro e de percusión, que se completa no seu directo, cun impacto ascendente na súa posta en escena, que xa se comezou a comprobar na súa anterior xira.

Damien Jurado regresa así aos escenarios galegos, cos que cada vez ten unha maior vinculación e un crecente número de seguidores, debido á intensidade que destilan as súas actuacións. Mostra diso, o último directo ofrecido en Galicia, dentro do ciclo Baixo a Vide (vídeo abaixo).

Neste concerto de Vigo, Jurado contará con Courtney Marie Andrews como artista convidada. Orixinaria de Phoenix (Arizona), presenta os temas do seu quinto traballo de estudo “On My Page”, que evocan unha mistura entre os versos de Fiona Apple e a pegada de Elliott Smith.

PREZO: 12 euros anticipada, 15 euros no día.
ENTRADAS: servinova.com, Auditorio Municipal de Vigo (Praza do Rei, s/n)

AXENDA

Facebook

14 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Auditorio do Concello de Vigo.
12 / 15 €