Dakidarría + Labregos do Tempo dos Sputniks + Arrythmia

Xuño 05, 2014

nota:

NOTA DE PRENSA DAKIDARRÍA

A xira “10 ANOS NA RÚA” de DAKIDARRÍA visitará Santiago de Compostela o vindeiro Xoves 5 de Xuño. Será na sala Capitol e estarán acompañados por Labregos do tempo dos Sputniks e Arrhythmia.

Unha década, dende o primeiro concerto de esta reivindicativa formación, foi suficiente para que en Maio do 2013 comezaran no Festival Viña Rock
(Albacete) esta xira na que visitaron as mellores salas e festivais da península e que agora depáralles unha serie de etapas tanto europeas como estatais.

En Compostela vivirán, tal vez, un dos concertos mais emotivos ó xogar na capital e poder celebrar estes 3650 días coa súa xente, que chegará de tódolos puntos da Galiza para non perderse o evento. Estarán acompañados polas bandas galegas Labregos do tempo dos Sputniks e Arrhythmia. O prezo das entradas é de 7 euros (adiantada) e 10 euros (na porta).

Esta xira está a servir tamén como presentación do seu novo baterista, Maki (coñecido por formar parte no pasado de outras bandas punteiras no
panorama nacional coma os valencianos Obrint pas ou os Alicantinos Disidencia).

DAKIDARRÍA é unha banda formada por oito músicos que fusiona ska, reggae e punk-rock e que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, unha descarga de festa compromiso social. Dende o 2004 editaron unha maketa “DISKORDIA NAS RÍAS BAIXAS”, e catro discos, “FRAGASAURUS REX” (Síndrome discos, 2005), “EL FUTURO NUNCA EXISTIÓ” (Santo Grial, 2008), “REALIDADES ALIENANTES…” (Revolution Produccións, 2010) e “… UTOPÍAS EMERGENTES” (Maldito Records), último traballo co que pechanunha obra composta por dous discos antagónicos cargados de enerxía, nos cales amósannos a realidade dende o seu punto de vista, obligan a reflexionar acerca do mundo no que vivimos e que marcan un antes e un despois na carreira do grupo.

Tras dez anos seguen no mesmo barco, cunha tripulación máis numerosa e experimentada,formada polos que están e os que estiveron, deixándose levar polo vento, que transporta, sen barrotes que o poidan deter, a súa mensaxe de alegre rebeldía.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Sala Capitol. Santiago de Compostela.
7 / 10 €