curtinaitis

Outubro 02, 2013

Como aquel xogador de baloncesto lituano do que toman o seu nome, Likel (batería), Miguel (guitarra e coros) e J.R. (bazzfuss e voz) prefiren entregarse á intuición e o ánimo que se cinguiren a un esquema heterodoxo de interpretación. Si, o baloncesto de Curtinaitis desconcertaba e facía suar ao seu defensor, o rocanrol deste trío é quen de facer o mesmo coa audiencia.

Fan rock no senso amplo e son quen de levalo a terreos do funk, soul, a densidade dos 70 ou a psicodelia dos 60. E sempre mantendo unha crudeza e enerxía propia do garaxe ou o hardcore e, xa que logo, ben afín ao selo que os edita: o mítico Lixo Urbano, tamén de Compostela.

Se cadra, co fin de evitar certa deriva ou canalizaren os arroutes contaron coa visión externa dalguén en principio alleo á súa proposta. Nada menos que Hevy (dos grupos de hip-hop Fluzo e Malandromeda) foi quen se encargou da produción e os arranxos. O lustroso verníz final púxoo a masterización de Roger Seibel (Bardo Pond, Bikini Kill, Bill Callahan, Bonnie “Prince” Billy, Jon Spencer Blues Explosion, Tortoise. …)

Notábel disco de debut que de seguro apunta a bos directos. Que se atrevan cos 12 minutos de “Inmaculate Concept” e saian victoriosos, di moito bo deles.

Pepe Cunha, 4-out-2013

1.Like Corso
2.Curtinaitis
3.After-Post Pictorical Sailing
4.Arousal Island Line
5.Feel First
6.Freebo
7.Inmmaculate Concept
8.Little Budha

Facebook