Curtinaitis

Decembro 03, 2013

nota:

Os composteláns Curtinaitis chegarán ás Crechas coa súa reinterpretación do rock”n”roll con aires funk-soul, flashes psicodélicos e unha descarada actitude hardcore: un choque entre James Brown e Townes Van Zant tamizado co salvaxismo de The Birthday Party e a actitude dos Beastie Boys.

Curtinaitis presentarán aquí o seu primeiro LP homónimo ‘Curtinaitis’ (Lixo Urbano, 2013). A súa visión do rock”n”roll é heterodoxa e bailona, sexual e arisca, mesmo evanescente por momentos. Para logralo contaron coa produción e os arranxos de Hevy (integrante dos grupos de hip-hop Fluzo e Malandrómeda) quen conseguiu que as cancións acadaran novos horizontes, mirando cara a atrás sen nostalxia, mirando ao futuro sen pretensións.

O remate do disco é de verdadeiro luxo, grazas á masterización de Roger Seibel (SAE Mastering, Phoenix-Arizona), técnico que tamén realizou traballos para Bardo Pond, Bikini Kill, Bill Callahan, Bonnie “Prince” Billy, Jon Spencer Blues Explosion ou Tortoise.

O LP Curtinaitis xa está á venda e xa podes escoitalo no bandcamp de Lixo Urbano:

AXENDA