nota:
O vindeiro sábado día 17 de outubro, as 20 h, terá lugar no Parque Torrado de Cambados o concerto de Primordiais, a terceira proposta deste Acervos Sonoros, ciclo patrocinado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que está a achegar á cultura galega as vilas e cidades de toda Galicia.
Tralos concertos precedesores de Sabela King no Astaleiro da Banda de Tui e de Primordiais no Círculo das Artes de Lugo, recollen o testigo este particular “cuarteto” de seis que basea o seu repertorio na reinterpretación da música tradicional galega, tomando como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos e algunhas composicións de autores contemporáneos de Galicia feitas expresamente para o grupo.
As claves da singularidade do Cuarteto Caramuxo residen en dous feitos fundamentais: por unha banda, a instrumentación, e por outra, os arranxos. Catro intérpretes de clarinete, que abranguen toda a familia do instrumento, unha percusionista e un acordeonista. A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persigue estilos nin referentes fóra do propio universo da banda.