Cuarta Xusta + Antón Ke

Febreiro 03, 2019

nota:

CUARTA XUSTA

Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aínda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non había nin baixo nin batería.

No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, a cal se levou a cabo durante o mes de xaneiro do 2018 en Arzúa por Paco Cerdeira. Este foi presentado o 10 de marzo e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.
ANTÓN KE

Ukelele de batea con ritmos furancheiros, que bebe dos licores do blues, reagge, ska, rumba e tradicional acompañado do sabor de letras retranqueiras

20:30 h.
Bar Aturuxo, Bueu.