CUAC FM convoca o XXIII Concurso de Bandas e solistas. 2800 euros en premios

Agosto 14, 2021

nota:

A radio comuniaria da Coruña ven de convocar a XXIII edición do seu Concurso de Bandas e solistas no ano que chega ao 25º aniversario da emisora.
No concurso poden participar bandas de toda España que cumplan os requisitos fixados nas bases. Deben enviar dous temas propios e se se clasifican para a Batalla de bandas final, prevista para xaneiro na Sala Mardi Gras, optarán aos 900 euros do primeiro premio e aos 800 do segundo. Tamén haberá un premio para a Mellor Banda local de A Coruña grazas á renovación da colaboración entre a asociación cultural CUAC e o Concello da Coruña.
O departamento de Cultura da Deputación da Coruña tamén aporta financiación a través dunha subvención que permite que o Concurso, o máis lonxevo dos que existen en Galicia na actualidade (salvo erro) siga consolidándose.

Nas edicións celebradas ata agora teñen participado máis de 2500 bandas e gañado algunhas de localidades tan diversas como Gran Canaria, Barcelona, Almería e tamén bandas galegas. O prazo de inscrición está aberto ata o día 30 de setembro. As bases completas e o formulario de inscrición pode atoparse na web cuacfm.org no apartado cuacfm.

AXENDA