CUAC FM, a Radio Comunitaria da Coruña, convoca o seu vixesimosexto Concurso de Bandas e Solistas

Abril 05, 2024

nota:

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, convoca a XXVI edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal. Trátase do concurso musical máis lonxevo de todos os que existen a nivel musical en Galicia, cando menos convocado por unha entidade privada para a música moderna.

Nesta convocatoria repártense 5000 euros en premios grazas á subvención da Deputación da Coruña e a colaboración co Concello da Coruña que acolle a duas bandas galegas dentro da programacion do Festival Noroeste Estrella Galicia. Mantense o premio á Mellor Canción en Galego e consolídase o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa.

Poden participar aqueles proxectos musicais cun máximo de 15 temas editados e que non gañase ningún premio en edicións anteriores.

O prazo para enviar propostas finaliza o 20 de maio e toda a información e as bases completas están na web da asociación cultural CUAC, www.cuacfm.org, no apartado CUAC FM

A Batalla de bandas, na que participan proxectos de todo o estado español será o 12 de outubro na Sala Mardi Gras.

Facebook