nota:
Cromática Pistona a xira de presentación do seu segundo disco, ‘Casta brava’
(swing/jazz/rock) –
Os madrileños Cromática Pistona, unha banda concibida como unha orquestra popular de swing-jazz-rock con vocación festiva, cuxa proposta musical, baseada nun repertorio orixinal con letras en varios idiomas, compleméntese cunha elegante posta en escena en directo. Con eles a diversión e o baile están asegurados.
O grupo publica en 2012 o seu primeiro disco, ‘Porca Troika’ no que mesturan swing con estilos mestizos como o psodobre balcánico, o funk tropical, o ska-jazz de praia ou o gypsy-surf nunha rocambolesca proposta que xirou por toda a Península e por Italia.
Neste 2015 veñen de publicar o seu segundo traballo, ‘Casta brava’, no que volven sorpreder unha reinterpretación da música popular, sempre divertida e bailable, e sempre nas marxes do jazz: dixieland, manouche, boogie-boogie, electro-swing… Casta Brava ofrece media ducia de cancións orixinais, máis un bonus track, con textos en español, inglés, francés e italiano.
A xira por Galicia comeza o día 3 de setembro nas Crechas e continúa o 5 no Náutico do Grove (San Vicente do Mar) e o 6 no Aturuxo de Bueu.
Cromática Pistona son:
VOZ: Hurricane Pistone
GUITARRA: Dani Swing Pistone
BATERÍA: Félic Pistone
BAIXO: Igor Pistone
SAXO TENOR: Javi Pistone
TROMPETA: Víctor Pistone
Máis información: