cró! “onkalo”

Outubro 29, 2012

Difícil non, imposible encadrar nun estilo ou corrente habitual a esta formación xurdida en Vigo hai 5 anos. En 2009 autoeditaron o seu debut homónimo con dez instrumentais e 2 cancións gravados en 2 días. Dous anos despois colgaron na rede “Dime que quedó grabado”, unha edición dixital de ensaios, improvisacións en estudio e concerto sen apenas tratamento. Agora semellan dar una paso firme e sonado co seu segundo disco físico, este “Onkalo” que presenta, tamén en edición de vinilo, un total de 9 cancións e instrumentais froito da improvisación no seu contido e do micromecenazgo para a súa edición.

A intensidade de Cró consegue debuxar paisaxes, amosar rabia, argallar un manto de escuridade, facer vibrar, inquedar … e para iso cómpre contar cunha boa técnica, como amosan ao longo de sucesivas escoitas a “Ónkalo”, porque nin moito menos abonda cun par delas. A combinación da súa proposta musical aberta e desprexuizada, na que caben post-rock, jazz, progresivo, psicodelia e o que lles pete, e o acompañamento de visiuais, fai deles unha cita atractiva en salas e festivais. Non é de estrañar que acumulen xa unha notabilísima cantidade de actuacións polo país, o estado e tamén incursións en Europa.

O traballo artístico da edición vén asinado por Perl (www.perlanito.blogspot.com).

Pepe Cunha, 29-outubro-2012

http://www.facebook.com/spacecro
http://www.metamovida.org/

AXENDA