cró! “mounstros”

Febreiro 14, 2017

Este cuarto disco vén reafirmar a banda viguesa coma un referente do circuito independente ou “underground”, entendendo isto no senso do “faino ti mesmo”. Aquí a independencia na edición, a liberdade creativa e a experimentación están por riba de todo, así que non confundir cpas propostas agrupadas arestora coma “indie”, de modas e con padriños colocándote onde debes estar. A Cró! hai que achegarse e ter curiosidade,pois e se achega a súa é unha proposta complexa, de estilos menos frecuentes ou asequibeis, coma o math-rock, o kraut ou o progresivo, pero tamén algunha pinga doutras tendencias dentro do rock coma o grunge ou o metal duns Tool. Porén, e malia ter a sensación de non entenderes toda a mensaxe, non te arrepintes de arredar esa barreira cara o menos coñecido.

O cuarteto vigués consolidan a fórmula dun disco de só media hora pero ben intenso e gravado ao vivo no estudio. Non tiran de recheos ou experimentacións sen depurar, das que de seguro andan sobrados, e conseguen encauzar esa fervenza de ideas nas guitarras, sintetizadoras, baixo e batería. A evolución apuntada no anterior “Pera” cara un formato máis recoñecible de canción segue aquí ( o single adianto “Videovigilada” é exemplo claro ) e agora achegan maior presencia do castelán e o galego; de feito, esta “Zapruder” paréceme do máis logrado do disco canda “Clawdia”. Tamén destaca o final instrumental homenaxe aos desaparecidos Unicornibot: “UniCró!nibot”, cheo de xogo na base rítmica e experimentación, e non falta unha referencia en riff aos míticos King Crimson en “PDF”.

Moitos poden plantexarse o reto de se mergullar neste caos de xogos, influencias e experimentación, pero saír vitoriosos é outra historia. Cómpre a pericia e mente aberta de catro músicos coma estes: Rubén Abad (guitarra), Xabier Núñez (teclados), Cibrán Rey (batería) e David Santos (baixo). Por certo, resultan ben interesantes os comentarios a cada canción no seu bandcamp. O disco está co-editado por Nooirax, La Choza de Doe e o colectivo vigués Metamovida, onde podes atopar noutras bandas os membros de Cró! :Trilitrate, Es un árbol…

Pepe Cunha, 14-febreiro-2017

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook