nota:
Dende Madrid chegan, Criaturas del Aire, un trio de mulleres, un formato pouco habitual no múndo da música, no que unense a creación e a interpretación. Autoras e compositoras de todolos temas que interpretan, as suas influencias musicais evocan melodías perto do flamenco, o jazz latino, o pop e a música de autora. As súas letras tentan transmitir unha mirada ao mundo na que está presente o respeto, a autodeterminación, a liberdade e o coidado de todolos seres da terra. A principios de 2014, Inma Claudio, Ana Cuenca e Myrni Duque reunironse para iniciar un soño compaertido: “que a música convertírase no centro das súas vidas profesionais”. Dende entón a dedicación, o tempo, o esforzo e o amor que estas tres mulleres poñen no seu proxecto musical, transmítese nos seus concertos, nos que xerase un ambiente acolledor, cheo de emocións e ritmos cálidos e poéticos cheos de sensibilidade.