Crema de Gaita

Xuño 17, 2012

Unha base do noso mellor licor tradicional, destilado ao longo da aprendizaxe da música de raigame. Pasarán pola Sala Aturuxo de Bueu para presentar o seu primeiro disco “Tan Galego” ás 21:30 horas o próximo domingo 17 de Xuño.

Crema de gaita é un grupo folk con insignia distintiva que abrangue formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega. Non obstante, Crema de gaita non rexeita as influenzas euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Sala Aturuxo, Bueu.
5 €