Cracker

Maio 04, 2017

nota:

21.30 (apertura portas 20.30)

18 euros (anticipada) / 20 euros (billeteira). Venda entradas: Ticketea, Riquela

Cracker arranca xira española no Club Riquela en Santiago de Compostela

Os seguidores de Cracker e os fans do country rock en xeral están de noraboa esta semana. Cracker arranca xira pola península en Santiago de Compostela, o xoves 4 de maio. O concerto dos californianos, cuxo último disco até agora é Berkeley to Bakersfield, terá lugar no Club Riquela.

Cracker foi definido de múltiples xeitos ao longo dos seus máis de 25 años de carreira: alt-rock, americana, country insurxente e, incluso, en termos como punk e rock clásico. Pero máis que calquera outra cousa, Cracker son supervivintes. Os cofundadores David Lowery e Johnny Hickman acumularon durante este tempo máis de 10 álbums de estudo, múltiples discos de ouro, miles de concertos en directo, exitosas cancións que aíndan se poden escoitar habitualmente en emisoras de radio de todo o planeta (como Low, Teen Angst (What the World Needs Now), Euro-Trash Girl, Get off this ou Turn on, tune in, drop out with me, por só citar algunhas) e unha lexión de incontables seguidores e fans por todo o mundo que non deixa de crecer cada ano.

Publicado a finais de 2014 como un dobre álbum, Berkeley to Bakersfield é ata a data a última gravación de estudo de Cracker que os seus fundadores, David Lowery e Johnny Hickman, presentan como unha viaxe por California na que están acompañados pola formación orixinal da banda. Para quen non o saiba, Berkeley e Bakersfield están só a cinco horas en coche (pouco, para os standards de Estados Unidos) pero as súas escenas musicais non poden ser máis distintas entre sí. Da zona da Bahía (Berkeley) xurdíu unha escena rock nos últimos 70 e xa nos 80, mentres Bakersfield é coñecida polo seu twang country popularizado por Buck Owens e Merle Haggard nos 60 e 70.

A pesares destas grandes diferencias culturais, musicais, estes son os dous elementos fundamentais para David Lowery e Johnny Hickman en cada un dos discos que teñen gravado nos últimos 25 anos. Como explica Lowery: “No disco Berkeley está a formación orixinal de Cracker Davey Faragher, Michael Urbano, Johnny e eu mesmo. Era a primeira vez que estamos xuntos nunha habitación para gravar en case 20 anos. E case de xeito preconcibido, ao atoparnos nos estudos Easy Bay Recorders, en Berkeley, pensamos en centrarnos na música que asociamos inmediatamente coa East Bay (punk e garage con algún toque funky) e dotar de reivindicación política ás letras. Por outra banda, o disco Bakersfield explora a parte California country da banda. Sempre sobrevoamos polo mundo da Americana, pero esta vez queríamos ser irremediablemente country / country rock, dende as tripeiras dos vales de California”.

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Riquela Club, Santiago de Compostela.
18 / 20 €