Corizonas

Febreiro 10, 2012

Corizonas, a nova banda de moda do rock español, fórmase froito da unión de Los Coronas e Arizona Baby. O que comezou como unha insólita colisión de dúas bandas tan dispares, musical e xeneracionalmente, como Arizona Baby e Los Coronas coa xira “Dos Bandas y un Destino” converteuse en apenas un ano na cita obrigada e a xira do momento. Cumprido con creces o obxectivo inicial, ambos grupos, desafiando a actual lóxica discográfica, acaban de concluír o seu reto definitivo. Un álbum novo, conxunto, de temas propios, as dúas bandas fundíndose nunha soa que xa ten nome, como case todo o mundo os coñece, CORIZONAS. Un álbum estremecedor, tan brillante como insólito neste pais, que pasa do rock rexenerado ao country ou o folk máis vital e innovador de bandas claves como Fleet Foxes, White Stripes, á vaguada emocional dos Jayhawks ou a paisaxe evocadora de Calexico. Todo con visión propia, inmaculada e rotunda, con 12 cancións marabillosas.

O álbum de CORIZONAS é “The News Today”, como unha das súas agudas observacións sobre este mundo en crise. Apareceu inicialmente en España (Subtefuge) o 25 de outubro e con el un novo inicio para esta viaxe conxunta. Un novo concepto que abandona a imaxinería western da xira Dos Bandas y Un Destino, os seus uniformes e posta en escena. Un novo set que deixa parcialmente atrás o repertorio de versións para centrarse nesa pléiade de himnos emocionantes que nos espera. Un novo cartel, novo deseño escénico, e un cambio substancial do seu ideario cinematográfico nas visuais. Todo nunha nova xira que comezou en novembro e que agora chega á nosa cidade da man do novo festival Compostela Rock.

As entradas para este concerto, 15€ anticipada e 18€ na billeteira, poden mercarse xa na rede Ticketmaster, incluída a súa web, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, www.iwanna.org e www.salacapitol.com, así como nas billeteiras da Concellaría, no Teatro Principal de martes a sábado e de 18.00 a 21.00h.

AXENDA

Facebook

23 hours ago

Ábrete de orellas
chegou o novo de García Mc, con Xisco Feijoó: "Quen son eu?"PlayPlan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
15 / 18 €