CoraSóns

Decembro 21, 2012

Quen ve coraçoes’ é unha páxina de internet onde a fotógrafa portuguesa Isabel Valentim foi publicando unha serie de textos e fotografías co leif motiv dos ‘corazóns casuais’, figuras de corazóns atopadas na natureza e espalladas polo mundo adiante.

Uxía, cantante galega que coñecía a Isabel dende anos atrás, namorouse das fotos e lle propuxo facer unha exposición na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A partir de aquí, o proxecto foi incorporando amigos incondicionais, namorados dos corazóns que non dubidaron en poñer o mellor deles mesmos e da súa arte ao servizo da causa. Para acompañar a inauguración montouse un concerto onde máis de 20 músicos de Galicia e Portugal se xuntaron para facer música “namorada”.

AXENDA

22:30 h.
Auditorio da Ramallosa, Teo.
8 / 10 €