Cora Sayers

Abril 23, 2017

nota.

Cora Sayers, álter ego musical da actriz Cora Velasco, comeza a súa andaina en solitario no verán de 2014, tras pasar como corista e cantante de grupos de blues, de rock folk, funk e pop, en setembro de 2014 grava e mestura o seu primeiro EP, “Origen”.

Durante a primeira metade do 2015 toca en diferentes salas tanto de Pontevedra como de Madrid e participa en diversos festivais de verán. En abril dese ano cede os dereitos dun dos seus temas en acústico, “He Rules in Purple” para ser BSO do curtametraxe “Constelación Urbana” (Luís Galán), presentado este ano no Festival de Cannes.

En setembro de 2015 grava o seu primeiro LP, que se titulará “I’m Home” nos Estudios Montealto (A Coruña). Despois de ser mesturado no mesmo estudo, o masteriza en Mystery Room Mastering (Wisconsin)

En xaneiro de 2016 lanza o seu álbum “I’m Home” e preséntao en salas de todo o territorio galego, así como fóra del. No verán de 2016 toca en festivais como o Armadiña Rock, SilFest, Feito a Man e o Noroeste Pop Rock na Coruña, onde telonea a Triángulo de Amor Bizarro e Ocean Colour Scene, tras quedar finalista do concurso de maquetas de Cuac FM.

No outono de 2016 presenta o seu segundo videoclip, da man de Producións Mutantes, así mesmo estrea o seu primeiro single en castelán ‘La Ciénaga’. A finais dese ano, xira polo sur, visitando Toledo, Sevilla, Málaga e Granada.

Comeza o 2017 virando por Madrid, Barcelona, Zaragoza, Xixón, Ponferrada e Lugo. No primeiro semestre do ano participará na festa demoscópica de Mondosonoro para grupos emerxentes, no Santiautor, en dous concertos do ciclo Club-E de Estrela Galicia (teloneando a Silvia Penide e ás Árbores) e virará por Europa, tocando en Lisboa, Porto, Bordeus, París, Bruxelas, Berlín, Colonia e Copenhague.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
5 €