Coproduce Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco

Maio 09, 2012

QUEN É MAGÍN BLANCO?
Magín Blanco é un músico galego inadvertido para o éxito masivo pero fiel compañeiro das boas cancions e do traballo arreo. Seu percorrido musical comenzou discográficamente nos anos ’80 co grupo La Rosa. Publicaron catro discos, a incluir obligatoriamente entre os mellores da música pop-rock de esa época. Tras a disolución da banda e a gravación de varias maquetas tivemos que agardar dez años para poder escoitar novas cancions, esta vez baixoo seu propio nome, madurando en letras e investigando novas melodías e xeitos de expresión. Rodeado de extraordinarios colaboradores leva publicados catro discos dignos de figurar nas mellores coleccions, percorrendo territorios que participan a un tempo do pop-rock ,da música de raiz, a canción de autor ou a musica infantil… e sempre cunha calidade lonxana a calquera dúbida.

POR QUÉ ESTE TRIBUTO?
Logo dun accidente no verán do 2011 que o imposibilita a seguir tocando a guitarra, consideramos importante reivindicar seu legado artístico e tentar ampliar no posible seu recoñecemento. Como entusiastas da sua obradecidimos expoñer na internet o desexo de realizar un tributo a sua figura e solicitar a axuda de artistas animados a colaborar desinteresadamente. O noso abraio foi maiúsculo ao comprobar que en muy pouco tempo más de trinta solistas e formacións ofrecéronse a revisar as suas cancións.

PARA QUE VERKAMI?
Xa coas versions recibidas e superadas abondo todas as nosas estimacións, o seguinte paso que nos propoñemos dar é a publicación en formato físico dun dobre CD coas extraordinarias gravacións realizadas polos músicos colaboradores do proxecto. Para elo, e botando man das posibilidades que as redes nos ofrecen , ao través desta páxina pedimos a vosa colaboración como mecenas co fin de sacar adiante este tributo.

AXENDA