Convocatoria aberta para propostas de artistas ao festival Reperkusión 2014

Marzo 20, 2014

nota:

O Festival Reperkusión abre ata o 1 de maio a convocatoria para que artistas, grupos e compañías profesionais e amadoras presenten as súas propostas para formar parte da programación da 12ª edición do festival, que se celebrará na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11, 12 e 13 de xullo.

En vista da boa acollida que tivo a proposta na pasada edición, este ano tamén se seleccionarán tres das propostas de día nas redes sociais do Festival Reperkusión. O ano pasado, finalmente foron catro os elixidos polo público: Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán.

Como nas edicións anteriores, a programación de concertos de noite no escenario principal, onde xa está confirmada a presenza da rumba rockeira de Muchachito y sus compadres, da percusión o movemento e a comedia visual de Crassh, dos ritmos frenéticos de Cuchufellos e do garage-punk desenfadado dos Terbutalina, completarase con música, circo, teatro, performances, pasarrúas, exhibicións artísticas e outras actividades das que se pode gozar en diferentes espazos da Cidade dos Muchachos ao longo dos tres días de festival.

Entradas xa á venda
As entradas están á venda a través da web www.reperkusion.com cunha oferta especial ata o 15 de abril de 20 € máis gastos de xestión o abono de tres días ou 25 €, tres días con acceso á zona de acampada.

AXENDA